Fisioterapia

A fisioterapia é unha disciplina que axuda a paliar os síntomas de múltiples doenzas, tanto agudas como crónicas.

Todas as persoas que practican algún deporte corren o risco de lesionarse de algún modo. Aínda que en ACHEGA actuamos para previr situación e lesión, temos que ter en conta que en calquera momento algún dos usuarios pode sufrir algunha lesión practicando actividades. Pola contra, non podemos esquecer que un dos obxectivos da nosa asociación é achegar o deporte adaptado a toda sociedade e que as lesións, tal e como antes se mencionou, son algo habitual neste campo. O obxectivo deste servizo é prever fracturas a través de información e asesoramento, mellorar a calidade de vida dos usuarios de ACHEGA minimizando os riscos no deporte, reforzar a autonomía dos usuarios, promover a educación para a saúde.

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte