Deporte e Mente sen Barreiras

O proxecto DEPORTE E MENTE SEN BARREIRAS , comezou a medrar unha vez investigada a realidade galega con respecto ó deporte adaptado.

Nesta investigación puidemos detectar que con respecto ao resto do estado español, o deporte adaptado esta pouco estendido e valorado, polo que o grupo ACHEGA veu esencial achegar a poboación galega ( con discapacidade ou non) a oportunidade de realizar actividade física así como levar unha vida activa co principal obxectivo de que o deporte adaptado comece a verse como algo habitual no territorio galego.

Este proxecto esta integrado por varias actividades destinadas cada unha delas a un colectivo diferente(parálise cerebral, síndrome de Down , paraplexía e discapacidade visual)

Estas actividades perseguen un obxectivo común: que sexan accesibles a todos , dende os nenos ata os maiores, dende o rural ata o urbano de modo que sexan conscientes de que existen colectivos que tamén poden practicar algunha actividade física, de ocio ou de lecer . Por este motivos as actividades previstas levaranse a cabo en lugares públicos con afluencia de xente e cun impacto social relevante.

 

Os obxectivos van encamiñados a:

  • Potenciar a actividade física en persoas con discapacidade.
  • Xerar conciencia e responsabilidade social
  • Dar a coñecer o deporte adaptado poboación galega
  • Implantar un novo coñecemento na realidade social galega
  • Producir un efecto positivo e terapéutico nas distintas persoas con discapacidade.

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte