Programas de Voluntariado

O voluntariado é, en moitas ocasións, o punto forte das asociacións. Son eles os que co seu traballo desinteresado axudan ás persoas a potenciar as súas capacidades, fomentando a súa autonomía e independencia e garantindo a súa participación social e integración.

Por este motivo ACHEGA levará a cabo actividades dirixidas a esta poboación tales como:

  • Formación básica en voluntariado: levaranse a cabo xornadas teóricas dirixidas a mozos e mozas nas cales se pretende introducir aos/as participantes no concepto de voluntariado e coñecer o marco legar e ético da acción voluntaria.
  • Formación específica en voluntariado e discapacidade: dirixido a mozas e mozos. É condición imprescindible realizar previamente a formación básica en voluntariado. Esta formación englobará unha parte teórica e outra práctica. A formación na súa parte teórica pretende dotar de ferramentas educativas e de ensinanza, así como de coñecementos sobre a discapacidade. A formación na súa parte práctica consistirá na participación dos voluntarios nas actividades levadas a cabo pola asociación ACHEGA durante o tempo acordado co voluntario.
  • Voluntariado en ACHEGA: unha vez finalizada a formación básica e específica, os voluntarios poderán continuar participando nas actividades da asociación ACHEGA.
  • Sensibilización e  concienciación: A través da formación e a participación na nosa asociación, pretendemos dar a coñecer dende outro punto de vista a discapacidade, identificar os obstáculos e detectar as necesidades das persoas que padecen unha discapacidade, así como dotar aos/as mozos/as de ferramentas para transformar a situación actual e participar nas campañas de sensibilización de toda a comunidade.

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte