A nosa Asociación...

A asociación ACHEGA foi o resultado do proxecto DEPORTE E MENTE SEN BARREIRAS levado a cabo por un grupo informal de 5 mozas e mozos con diversas titulacións. O principal obxectivo é o de achegar o deporte e as actividades culturais e de lecer a todo tipo de persoas independentemente das súa condición física, psíquica ou social.


Os fins que perseguimos na nosa asociación son:

  • Favorecer a inclusión da poboación con discapacidade e outras poboacións en risco de exclusión social. 
  • Xerar conciencia e responsabilidade social. 
  • Potenciar a actividade física en persoas con discapacidade. 
  • Dar a coñecer o deporte adaptado á poboación galega. 
  • Implantar un novo coñecemento e sensibilidade na realidade social galega. 
  • Producir un efecto positivo e terapéutico nas distintas persoas con discapacidade.  

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte