Ocio e tempo de lecer

Gozar do tempo de lecer e do ocio é un aspecto importante para poder alcanzar unha boa calidade de vida e benestar, por este motivo, realizar actividades lúdicas que satisfagan as necesidades do usuario é un dereito que debemos garantir. Tendo isto en conta, ACHEGA da a oportunidade aos usuarios de participar en todas aquelas actividades que se leven a cabo na asociación ou en colaboración con outras asociacións ou organismos.

Os programas de ocio e tempo de lecer teñen como obxectivo ocupar parte do tempo libre do usuario a través da realización de actividades sociais, permitindo o contacto co seu entorno e dotándoo de recursos persoais que lle permitan facelo con eficacia .

Os obxectivos que se perseguen cos programas de ocio e tempo libre son:

  • Fomentar actitudes favorables ao ocio, disipando temores e prexuízos e facendo ver as súas vantaxes. Este obxectivo conseguirase grazas á formación teórica facendo énfase en estes aspectos e á práctica levando a cabo actividades deportivas e de tempo de lecer.
  • Incrementar a autonomía e a ocupación do tempo libre en relación cos recursos dispoñibles, así como incrementar as habilidades do usuario para avaliar e axustar as súas capacidades e necesidades na actividade a desempeñar.  Os usuarios poderán levar a cabo distintos deportes dos cales poderán coñecer as súas particularidades e tomar a decisión de realizar algún deles no seu día a día.

O tempo de ocio é unha proposta de diversas actividades, desde culturais ata deportivas que tamén os usuarios poderán propoñer. O obxectivo e que o usuario teña a oportunidade de levalas a cabo de modo que poida aumentar o interese por algunha delas e a posibilidade de realizada nun futuro próximo.  O logro máis significativo dos programas de ocio e tempo libre é o de conseguir que o usuario sexa capaz de buscar actividades que lle gusten e que poida levar a cabo fora da asociación.

O obxectivo final é conseguir a maior autonomía posible dos nosos usuarios.

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte