Respiro familiar

A Asociación ACHEGA pon a disposición dos familiares e usuarios/as o servizo de respiro familiar co fin de que ambos poidan gozar dun espazo e tempo para realizar actividades fora da súa rutina diaria.

O servizo de respiro familiar está pensado para facilitar o descanso familiar e outras necesidades por curtos períodos de tempo. Este servizo consiste nun conxunto de actividades de deporte, tempo libre e lecer, que se levarán a cabo, preferentemente en fins de semana (sábado e domingo) en réxime diúrno non residencial. En ocasións e sempre que as circunstancias o permitan, os respiros familiares poderán levarse a cabo durante todo o fin de semana (sábado e domingo) en réxime diúrno, nocturno e residencial.

As actividades estarán dirixidas aos usuarios de ACHEGA e para este cometido contaremos coa colaboración de voluntarios. 

Ditas actividades serán acordadas entre os participantes e os responsables da asociación e darase prioridade a aquelas propostas realizadas polos usuarios sempre e cando a súa organización e execución sexa viable.

Os fins últimos son:

-       Proporcionar á familia a oportunidade de gozar dun espazo e tempo no cal non teñan que exercer de coidadores.

-       Proporcionar ao usuario a oportunidade de gozar dun espazo e tempo para realizar actividades fora do seu contorno familiar, deixando a un lado a rutina e gozando do tempo libre e de lecer.

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte