Psicoloxía Educativa e Pedagoxía


Avaliación, diagnóstico e intervención ante as necesidades educativas dos usuarios/as: A través da entrevista cos usuarios/as e/ou familiares pretende ofrecerse un servizo de atención educativa ao desenvolvemento dende as primeiras etapas da vida para detectar e previr a efectos socio-educativos: discapacidades; inadaptacións funcionais, psíquicas e sociais. Con este obxectivo levarase a cabo:

  • Avaliación psico-educativa das capacidades persoais 
  • Avaliación da relación entre as necesidades individuais, grupais ou colectivas e os recursos do entorno inmediato, institucional ou socio-comunitario necesarios para satisfacer as necesidades do usuario/a
  • Diagnóstico: dificultades de aprendizaxe, altas capacidades, necesidades educativas especiais.
  • Proposta e/ou realización de intervencións que se refiran á mellora de competencias educativas dos usuarios/as e ao desenvolvemento de solucións ás posibles dificultades detectadas na avaliación.


Información e asesoramento: Este servizo está dirixido a proporcionar á familia unha atención personalizada a través da resolución das súas dúbidas non só con respecto á asociación e ao noso traballo, senón tamén con respecto á discapacidade, ao novo rol de coidador, servizos aos que dirixirse en situacións puntuais, asesoramento profesional e vocacional, etc. Para esta tarefa contarase á súa vez con un traballador/a social.


Coordinación socioeducativa: cooperación e coordinación cos servizos externos á asociación como institucións e organización sociais do entorno do usuario e da súa familia.  


Derivación a outros profesionais: En casos nos cales a asociación ACHEGA considere que é precisa unha atención máis personalizada, derivarase ao usuario e á súa familia a outra asociación ou profesional. En estes casos ACHEGA sempre quedará como asociación referente, de modo que o usuario será benvido en todo momento.  


Prevención:

  • Proposta de modificacións do entorno educativo, social e familiar que eviten ou atenúen as alteracións no desenvolvemento madurativo, educativo e social do usuario/a
  • Accións específicas para a prevención de problemas educativos concretos (adaptación inicial á escola, detección precoz de alumnos con necesidades educativas especiais, detección precoz de alumnos con altas capacidades, etc.)
  • Asesoramento a axentes educativos (educadores/as, pais/nais, pedagogo/a, etc)
  • Desenvolvemento de programas específicos dirixidos aos voluntarios da asociación, así como aos familiares e usuarios da mesma tales como: educación para a saúde, educación en valores, prevención de drogodependencias, etc. 

Intervención na mellora do acto educativo: Apoio e asesoramento técnico ao educador (escola) e/ou familiar:

  • Adaptación da programación ás características dos usuarios/as: evolutivas, psicosociais e de aprendizaxe, etc.
  • Actuación educativa con usuarios/as:
  1. Necesidades e/ou situación educativas especiais
  2. Altas capacidades
  3. Adecuacións curriculares
  4. Programas individuais
  5. Atención á diversidade


Intervención para a mellora das relacións sociais e familiares, así como a colaboración efectiva entre familiares e educadores.


Formación e Asesoramento Familiar

  • Psicoeducación: Este servizo pretende proporcionar información e axudar organizando a información e formación de nais e pais en unha liña de apoio ao desenvolvemento integral do fillo/a
  • Promoción da participación familiar na comunidade educativa así como nos programas, servizos e actuacións que os profesionais desenvolvan. 
  • Escola de pais e nais: co fin de axudarlles a mellorar o seu labor familiar e dotar de ferramentas para a mellora de calidade de vida dos seus fillos.


Grupos de autoaxuda de familiares: Ofrecer aos pais/nais  un espazo de relación, foro de debate e autoaxuda grazas á constitución de grupos con intereses comúns favorecendo a axuda mutua entre os membros, a aportación de experiencias, dúbidas, inquietudes e estratexias de superación. O obxectivo é favorecer a axuda mutua, a información e o apoio das familias. 


O fin último do servizo de psicoloxía clínica e educativa é o de proporcionar aos/ás usuarios/as e ás súas familias as ferramentas necesarias para mellorar o seu benestar físico e emocional, superar obstáculos puntuais así como orientar a todo aquel que o precise para comprender e resolver dificultades. 


Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte