É importante que a sociedade coñeza o que é convivir con unha discapacidade, e que comprendan que, coas ferramentas
axeitadas calquera persoa independentemente da súa condición física ou psíquica, é quen de alcanzar o benestar. Os programas de sensibilización pretenden conseguir este obxectivo a través
de:
-
Sensibilización en
colexios. A través de actividades como por exemplo: fútbol para persoas con discapacidade visual, voley sentado, etc. A asociación ACHEGA levará o deporte adaptado aos colexios para
concienciar ao nenos e nenas dende moi pequenas.
-
Sensibilización en
concellos. Lévanse a cabo campañas de sensibilización en concellos a través de publicidade e de actividades dirixidas a toda a poboación.
-
Sensibilización do
voluntariado. O voluntariado que reciba formación, tamén o fará en un módulo específico de sensibilización co obxectivo de que sexan estes os que trasladen esa sensibilización a toda a
poboación. Así mesmo, participarán nas campañas de sensibilización que se leven a cabo nos concellos e nos colexios.