Paxaros de algodón

 

 

Fai uns días, ACHEGA, acudiu a un curso sobre TEA, como sempre, con boas expectativas. Pero de esta vez atopámonos con algo moi especial que nos deixou con "bo sabor de boca". PAXAROS DE ALGODÓN.

Unha das conferencias presentaba a Xosé Manuel Felpeto; a simple vista ninguén relacionado eido do que alí estábamos a tratar. Pero a medida que foi contando a súa historia comezamos a entender todo.

 

Presentou a súa curtametraxe dedicada a que se coñeza a labor que se fai en ASPANAES as Pontes, e en xeral en todas esas asociación que dan a súa vida por todas as persoas con diversidade funcional.

Felpeto explicou os seus obxectivos, pero hoxe gustaríame escribir as miñas propias conclusións.

 

Neste marabillosa curta rómpense cos prexuízos e medos sobre estas institucións, maniféstase o traballo que alí fan coidadores, educadores, etc., así como os propios rapaces e rapazas.

 

 

¿Que mellor maneira que contar os sentimentos dos/as usuarios/as que a través de dous contos representados por eles mesmos? ¿E que mellor maneira de amosar as capacidades dos/as usuarios/as que amosar as súas dotes como actores?

 

 

 

Aínda que estou segura que a miña compañeira Lorena fará una reflexión mais “disciplinar”, a min para rematar gustaríame , ao igual que ao psicólogo de ASPANAES, facer esa reivindicación de cara os monitores e coidadores destas institucións. Soamente da paixón e da vocación pode saír o traballo ben feito, o sorriso dun usuario, ou a fermosa interpretación de “O cazo de Lorenzo” e “Un soño na bandexa”.

Finalmente, so queda dar as grazas a Xosé Manuel Felpeto por agasallarnos coa súa vista e co seu corazón. A vista de alguén alleo a este fermoso mundo que descubriu por casualidade, e que che inspira para escribir estas catro liñas.

 

Soamente esperamos una segunda parte “como dixeron nas xornadas” co que se viviu detrás das cámaras e cos sentimentos e opinión dos que por uns días viviron coas persoas con TEA.

 

Xa sabedes, unha vez mais, e como o noso lema di: ROMPAMOS BARREIRAS e mitos. Deamos a coñecer as capacidades das persoas con diversidade funcional. 

 

Sonia Rivas Barreiro

 

Pedagoga e monitora de tempo libre.

 

Coordinadora de proxectos e Tesoureira en ACHEGA. 

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte