ACHEGANDO O DEPORTE ADAPTADO Á MOCIDADE

 

 

 

E por fin chegou o mes de outubro, o mes no que ACHEGA levou a cabo o seu proxecto subvencionado por Iniciativa Xove (lede o artigo desta axuda) «Achegando o deporte adaptado á mocidade».

Con este proxecto ACHEGA puxo en marcha un dos seus principais obxectivos #concienciación e #sensibilización da sociedade no eido da diversidade funcional. Cambiar a mentalidade dos mais xoves, aqueles que nuns anos serán o motor desta sociedade, converteuse na principal meta neste ano 2016.
E alá fomos, a 4 colexios da nosa comunidade, onde traballamos con mozos e mozas de entre 13 e 14 anos co obxectivo de que se puxeran na pel de persoas con diversidade funcional.
Goalball, colpbol e slalom foron os deportes elixidos; discapacidade visual , auditiva e motora, as discapacidades que decidimos que os/as alumnos/as coñeceran en profundidade.
As xornadas nos catro colexios seguiron a mesma estructura:
  • Posta en marcha dunha clase «teórica»  onde os/as nenos/as puideron coñecer conceptos clave sobre a diversidade funcional.
  • Análise de barreiras arquitectónicas nos centros levado a cabo polos/as monitores/as da asociación.
  • Clase práctica, onde os alumnos e alumnas desfrutaron dos deportes anteriormente mencionados,  perdendo por un anaco o sentido da vista, do oído e a función motora das súas extremidades inferiores.
  • Entrega dun agasallo para os participantes. 

 

 

Os mozos e mozas chegaron con expectación e nerviosismo á clase práctica porque, a pesar das explicacións previas, nunca practicar os mencionados deportes. Alí estaban os/as monitores/as, con vendaxes para os ollos, cadeiras de rodas e cascos. Todos os aparellos precisos para comezar a practicar os deportes correspondentes. 

De seguido entenderon a dinámica dos xogos e, con mais ou menos dificultades, todos disfrutaron de novos deportes, participando activamente e dunha maneira inclusiva, entendendo que todos nun determinado momento podemos ter dificultades, pero coas ferramentas precisas podemos CHEGAR Á META. 

 

 

Agora, unha vez rematado o proxecto, soamente queda unha cousa, entregar o trofeo AO COLEXIO  MÁIS INCLUSIVO DO ANO 2016.... Próximamente, poñerémonos en contacto cos centros participantes. 

 

 

 

Iniciativa Xove 2016

 

 

     ASOCIACIÓN ACHEGA

     info@asociacionachega.es

Escribir comentario

Comentarios: 0

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte