Vivindo Iniciativa Xove dende 2013

 

 

Seguen existindo axudas para as asociacións?, para os proxectos innovadores? Dende a Xunta de Galicia presentanse anualmente as axudas Iniciativa Xove, as cales dan a oportunidade a xovenes emprendedores que queren axudar a que a nosa comunidade sexa un espazo mellor. 

Dende o medioambiente ás novas tecnoloxías, ata chegar ao noso campo, o da discapacidade e do deporte adaptado.

 

 

Alá comezamos no ano 2013, cun proxecto presentado por 5 mozos e mozas que querían ofrecer algo diferente, algo onde as persoas, independentemente da súa condición física, psíquica ou social  puidesen desfrutar do ocio e do deporte, dunha maneira inclusiva. Pero que vos vou a contar a estas alturas do que facemos en ACHEGA....

 

 

 

O proxecto foi todo un éxito, e no 2014 pensamos.... Por que non repetir se a Xunta de Galicia nos da a oportunidade?, por que non creamos a Asociación e continuamos coa andaina do deporte adaptado?

 

E así ata agora, ata o 2016 onde un ano mais, Iniciativa Xove segue confiando e apostando por proxectos como o noso. Apoiando a proxectos de todo tipo (muller, medioambiente, TIC, etc.), creados coa ilusión de xoves que pretenden facer do mundo un lugar mellor.

 

Por todo isto, dende aquí aconsellamos a todos os xoves, que pertenzan ou non a unha asociación ou entidade, e que teñan unha idea que entre neste marco, que a leven a cabo sen medo, que a Administración aposta pola xuventude galega e polas súas ideas.

¡Gracias Inciativa, gracias Xunta por seguir apostando por nos!

 

¡Seguiremos co mesmo esforzo e mesma paixón de aquel 2013! Pero coa experiencia que agora levamos nas costas.

 

Consulta os proxectos doutros anos : http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

 

Sonia Rivas Barreiro

 

Pedagoga e monitora de tempo libre.

 

Coordinadora de proxectos e Tesoureira en ACHEGA. 

Escribir comentario

Comentarios: 0

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte