Facelos/as reflexionar

 

 

Facilitar aos rapaces e rapaces un ambiente lúdico no cal poidan aprender e adquirir valores ao mesmo tempo que se divirten, é un obxectivo fundamental para a Asociación Achega. O ocio e o tempo de lecer poden ser empregados como ferramentas educativas. 

Levo case 10 anos traballando no eido do ocio e o tempo libre con cativas e cativos de diferentes idades e cada ano que pasa doume de conta, máis se cabe, da importancia que temos os monitores nesta labor educativa. Non somos monitores, somos educadores, somos e seremos referentes adultos nos que nenos e nenas se verán reflexados nun futuro, e temos que entender este traballo como tal. Nun contexto moito máis lúdico e dinámico que a escola, nós como referentes, podemos deixar na xuventude unha impronta, moitas veces máis intensa que a dos propios profesores.

 

Penso que durante os xogos é moito máis doado asimilar coñecementos, ou polo menos asentar os coñecementos que chegas a asimilar, froito da intensidade das emocións que estás a vivir. É a diferenza entre que che conten algo e sentilo en primeira persoa.

 

Dispoñemos dun contexto idóneo para tratar temas como o respecto, a igualdade, os valores, a superación persoal, a tolerancia, a dignidade, a educación emocional, os estereotipos, os prexuízos, e podería seguir enumerando un milleiro máis de palabras e quedaríame corto.

 

O único que precisamos son ganas e un pouquiño de creatividade, para facelos pensar. É tan doado coma iso, facelas pensar e reflexionar. Se cadra dunha forma na que nunca ninguén os fixo pensar antes. E que, así, pouco a pouco, vaian desenvolvendo a súa visión crítica e persoal da vida, da sociedade e do mundo que as rodea. Isto é educar.

A miña visión deste traballo foi mudando e madurando (e máis que madurará) froito de traballar e coñecer xente afín, coa que reflexionei e da que aprendín. Isto que conto non é nada novo, seino, pero quero deixar constancia disto por se alguén nun futuro o lee e, coma a min, cambia a súa visión de este traballo. É tan sinxelo coma iso, facelos reflexionar.

 

Tristán Fernández Cabrera

 

Psicólogo e Educador no eido do Ocio e o Tempo Libre

 

Colaborador de ACHEGA

Escribir comentario

Comentarios: 0

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte