A importancia do voluntariado

 

 

 

Solidariedade, axuda aos demais, empatía, escoita activa, amabilidade, compromiso… son todas elas características que podemos atopar nas persoas que levan a cabo un voluntariado. Moitos coñecen as actitudes e aptitudes que se encontran detrás dun voluntario, porén, poucos saben da verdadeira importancia do seu labor. O voluntariado é, na maioría das ocasións, o punto forte das asociacións. 

Que significa ser voluntari@?

Son os voluntarios e voluntarias os/as que co seu traballo desinteresado contribúen á consecución dos programas e ao logro dos obxectivos, misión e valores da Asociación. É o voluntario o que axuda a implementar numerosos proxectos que non sería posible levar a cabo sen a súa colaboración. Eles e elas son a ferramenta máis importante.

 

 

A asociación Achega conta cun grupo de voluntariado que coa súa valiosa contribución e a súa dispoñibilidade contribúe a potenciar as capacidades das persoas con diversidade funcional, fomentando a súa autonomía e independencia e garantindo a súa participación social e integración. Gracias aos voluntarios unha asociación con poucos recursos no seu inicio, como é a nosa, pode desenvolver proxectos tan pioneiros e importantes como os que levamos realizando nos últimos anos. O voluntario é, para Achega, un piar fundamental,  o maior dos seus tesouros e, como tal, debe coidalo e valoralo.

Calquera persoa disposta a ofrecer os seus coñecementos, tempo e xenerosidade, ademais do seu ben facer, pode ser voluntario dunha asociación. Non importa a idade, nin a formación, o importante é sempre a boa dispoñibilidade, se ben, non debemos nunca esquecer que o voluntario tamén precisa de consideracións por parte da asociación: atención, respecto, igualdade, formación, etc.  Dende a Asociación Achega consideramos a formación unha ferramenta que debemos facilitar ao voluntario para facer máis doado o seu labor, por ese motivo, apostamos sempre pola formación específica en diversidade funcional.

 

Ser voluntario significa apostar por un proxecto e polas persoas que se encontran tanto dentro como fora dunha asociación. Ser voluntario significa satisfacción, compromiso, axuda desinteresada e a creación dun espazo no cal todos se benefician.

 

Gran parte dos mellores profesionais comezaron a ser voluntarios e voluntarias dunha asociación. A axuda desinteresada dos que están dispostos a aprender xuntos, un do outro, son un dos principais activos dunha colaboración.

 

 

Gracias por ser  o/a mellor voluntario/a. 

 

 

Lorena Francisco Lens

 

 Psicóloga e coach.

 

 Secretaria e coordinadora de proxectos en Achega.

Escribir comentario

Comentarios: 4
  • #1

    Martina (viernes, 17 junio 2016 15:27)

    Noraboa por este artigo e en especial por este proxecto. No artigo destacados o que aporta o voluntariado á asociación e ás persoas con diversidad funcional, pero a min gustaríame salientar todo o que nos aporta a nos, os voluntarios poder aprender de todas as experiencias que organizardes con persoas que son capaces de romper as tarteiras e conseguir retos inimaxinados.

  • #2

    HcPcEgmp (miércoles, 15 diciembre 2021 22:30)

    1

  • #3

    HcPcEgmp (miércoles, 15 diciembre 2021 22:33)

    1

  • #4

    HcPcEgmp (miércoles, 15 diciembre 2021 23:11)

    1

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte